O Faro de
Tamallancos
O tempo · Servizos · E cousas no ceo
Ourense → Tamallancos → Cea
22,1 km
+617 m
~12,3 Km
O tempo e a Previsión
A imaxe do ceo é en tempo real.
As imaxes de nubosidade, precipitación e calidade do aire obtéñense de Meteogalicia cada hora.
nubosidade total
precipitacións
calidade do aire
Teléfonos de Emerxencia, Aloxamentos, e outros Servizos
E se miras cara arriba...
Os avións emiten de forma continua —e en aberto— moitos datos mediante sinais de radio ADS-B (Automatic Dependent Surveillance–Broadcast), que se poden captar cun receptor VHF. No mapa podes ver os voos que pasan nun radio dunhas 50 millas náuticas de Tamallancos, e para os que estean "á vista", indícase como localizalos no ceo.
Na parte dereita tes unha "brúxula" centrada en Tamallancos que indica cara onde mirar para ver pasar a ISS, así como outros planetas que poidan ser visibles a simple vista esta noite. Sempre que o tempo o permita, claro. Os datos de visibilidade da ISS calcúlanse utilizando elementos orbitais (TLE) de CelesTrak, mentres que as posicións planetarias se calculan utilizando as efemérides DE421 do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA.
Sitios aos que comparte datos o meu receptor ADS-B (e estatísticas): FlightRadar24 + FlightAware + PlaneFinder + ADSBexchange
un pouco de min
Son enxeñeiro informático e profe de FP (Informática) no IES de Teis en Vigo.
E tamén un apaixonado do deporte, das viaxes longas en moto, a fotografía e aprender.
Tamallancos é a miña aldea, e esta páxina un pequeno proxecto persoal.
Non hai empresa ou ente público detrás. Só eu e meu tempo libre.
Se che fixo máis agradable o teu paso por Tamallancos, eu xa son feliz;
e se che gustou moito, podes invitarme a un café: ☕
experiencia
[2019-now!] Profesor de Informática (ensino público)
[2017-2019] Profesor de Informática (ensino privado)
[2015-2019] Product & Marketing Manager
[2008-2015] IT Project Manager
[2005-2008] Fullstack web dev.
formación
[2021] B2 Galego (EOI Vigo)
[2019] C1 Inglés (EOI Vigo)
[2016] Máster Univ. Dir. Comercial e Marketing (UDIMA)
[2006] CAP (UVigo)
[2005] Enxeñaría de Sistemas (UDC)
outros
Cinturón negro de Kickboxing
Cinturón negro de Aikido
Solfexo + Piano (10 anos)
Se che interesan os proxectos de programación, sistemas, etc. visita a miña páxina "de profe"!